Rosendo Bugarín Domínguez, nado en Tui en 1909 e finado na mesma vila en abril de 1989, foi un político galego.
Traxectoria
Foi nomeado alcalde de Tui o 29 de xaneiro de 1944, permanecendo no cargo até o 11 de setembro de 1951. En maio de 1946 foi elixido procurador en Cortes como representantes de Municipios da provincia de Pontevedra. Finou en Tui en abril de 1989.[1]
Vida persoal
Casou con Purificación Fernández Davila e foi pai de Eduardo, María del Carmen, Esther, Cristina, Teresa e Humberto Bugarín Fernández.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 27-4-1989, p. 35.
Véxase tamén
Bibliografía
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.