Rosalía Génova Freire

Modelo:BiografíaRosalía Génova Freire
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Domingo González Boullosa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7508

Rosalía Génova Freire, nada en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1904,[1] foi unha política galega.

Traxectoria

Casada co militante comunista José Domingo González Boullosa, vivían en Vilagarcía de Arousa en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 24 de xullo. Permaneceu en prisión sen procesamento xudicial até 1939. As súas fillas, todas menores, foron dadas en adopción a varias familias da provincia de Ourense, aínda que ao saír da cadea puido recuperalas.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con José Domingo González Boullosa en marzo de 1921,[2] e tivo tres fillas e un fillo.

Notas

  1. Gaceta de Galicia, 24-2-1904, p. 3.
  2. El Compostelano, 10-3-1921, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas