Rosa María Valdeón Santiago, nada en Toro o 17 de decembro de 1960, é unha política española do Partido Popular. É licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca. En 2007 foi elixida alcaldesa de Zamora.[1]
Traxectoria
Cursou estudos de bacharelato no Instituto Cardenal Pardo Tavera, na súa vila natal. Máis tarde licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Salamanca, o que fixo que a maior parte da súa carreira profesional se desenvolvese no sector sanitario:[2]
- Inspectora Médica da Seguridade Social.
- Xefa da Área de Inspección do INSALUD en Zamora.
- Especializada en Recursos Humanos e Planificación Sanitaria.
- Directora do hospital Los Montalvos de Salamanca (1997).
- Cooperante en proxectos da ONG Médicos do Mundo, nos campos de refuxiados saharauís de Tindouf (Alxeria).
Actividade política
En canto á súa vida política, como profesional sanitario exerceu de médica e inspectora médica e foi incorporada ao traballo político polo actual (2013) conselleiro da Presidencia da Xunta de Castela-León, José Antonio de Santiago-Juárez, en atención ás súas capacidades profesionais.[3] Ocupou nun principio un alto cargo na Consellaría de Sanidade para máis tarde entrar na política autonómica como Conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades.
No 2007, o presidente da Xunta de Castela e León, e do PP rexional, Juan Vicente Herrera, decidiu que fose ela quen ocupase a candidatura á alcaldía de Zamora. A súa vida política polo tanto, segue as seguintes etapas:
- Do 2001 ao 2003 ocupou o cargo de directora xeral de Saúde Pública na Xunta de Castela e León, para seguidamente ocupar praza de procuradora das Cortes de Castela e León no período 2003-2007 e, paralelamente, tomar posesión como conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades na mesma institución rexional, un dos departamentos con maior dotación orzamentaria da Xunta de Castela e León.[4]
- No 2007 abandonou o seu cargo no executivo autonómico para converterse na candidata do PP á Alcaldía de Zamora, posto que logrou a pesar de perder a maioría absoluta da súa formación.[5] É a primeira muller que desempeña dito cargo na cidade de Zamora.
Por outra parte, durante o seu goberno municipal ocupa os seguintes postos e cargos no Partido Popular:[2]
Notas