Rosa María Otero Carballa, nada en 1962, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
ATS de profesión. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Oia e foi elixida concelleira, sendo a segunda forza máis votada. Nas eleccións municipais de 2015 presentouse de novo como cabeza de lista do PSdeG-PSOE, resultando ser de novo a segunda forza e perdendo o PPdeG a maioría absoluta, polo que foi elixida alcaldesa ó contar co apoio na investidura de Converxencia Galega e do BNG[1], pasando a gobernar en minoría en solitario cos concelleiros socialistas. En novembro dese mesmo ano foi desaloxada da alcaldía por unha moción de censura impulsada polo PPdeG e Converxencia Galega. En agosto de 2016 renunciou á súa acta como concelleira[2].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos