Rosa García Alcón

Modelo:BiografíaRosa García Alcón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, Dietista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Rosa María García Alcón nada en Madrid no ano 1957 é unha activista antifranquista española coñecida por ser vítima da ditadura franquista ao sufrir tortura durante o tardofranquismo.

Traxectoria

Creceu nun barrio obreiro e realizou as súas primeiras accións de loita no ano 1972 cando se organizou unha folga no seu instituto contra a lei de educación do ministro Villar Mir na cal participou como piquete.[1] Na Universidade Complutense de Madrid, sendo alumna de Medicina, afiliouse á Federación Universitaria Democrática Española (FUDE),[2] organización estudantil que pertencía á Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) onde, para loitar contra a ditadura, participou en accións políticas de agitprop[3] pondo carteis, facendo pintadas de denuncia sobre a situación política ou as torturas e organizando xornadas de loita.[4]

En agosto de 1975, con dezaoito anos, foi detida por policías secretas da Brigada Político-Social e conducida á Dirección Xeral de Seguridade (DGS) da Porta do Sol de Madrid, onde foi torturada por varios policías, entre eles Antonio González Pacheco coñecido como Billy el Niño.[5][1] Foi acusada de participar nun atentado e aplicóuselle a Lei Antiterrorista, aínda que esta aínda non fora aprobada. Estivo detida unha semana a pesar de que a lei non permitía máis de setenta e dúas horas. Como foi acusada de terrorismo, a instrución do seu caso levouna un xuíz militar. Pasou catro meses no cárcere de Yeserías onde lle deixaron ter os seus libros para estudar, con todo, non se lle permitiu realizar os exames oficiais e perdeu o curso.

Na prisión, tivo a oportunidade de participar xunto a outras presas nas protestas organizadas contra as últimas execucións do franquismo.[1]De feito, coincidiu con Concepción Tristán López e María Jesús Dasca Pénelas, as dúas últimas mulleres condenadas á morte cuxa pena foi conmutada por 30 anos de prisión e con Silvia Carretero e Maruxa, compañeiras de José Luís Sánchez-Bravo e José Humberto Baena, dúas destes últimos executados.[1]

En decembro de 1975, obtivo a liberdade condicional ao pagar unha fianza de 30.000 pesetas.[3]O xuíz Gómez Chaparro, do Tribunal de Orde Pública, condenouna a dous anos de cárcere, pero aplicóuselle o indulto en 1976.[6]

En 2018, xunto con outras dezasete persoas torturadas puxo unha querela contra Antonio González Pacheco (Billy el Niño), argumentando que estas torturas son crimes de lesa humanidade e, polo tanto, non prescriben e non poden ser obxecto de amnistía, pero a querela non foi admitida e arquivouse. O seguinte paso foi pór un recurso ante o Tribunal Constitucional por vulneración do dereito constitucional de acceso á tutela xudicial efectiva, que non foi aceptado.[3] Posteriormente, en 2022, o seu caso xunto aos doutros como Luís Suárez-Carreño e Chato Galante foi levado ante o Comité de Dereitos Humanos da ONU.[7]

O 10 de outubro de 2018, García Alcón foi entrevistada por Gonzo no programa de televisión de La sexta, El Intermedio, onde relatou as torturas ás que foi sometida por Antonio González Pacheco (Billy el Niño).[5]

Rosa García Alcón na presentación do libro Mátame de frente na sala Las trece rosas de CCOO de Madrid, xuño 2024

O 15 de setembro de 2023, declarou en calidade de testemuña, no xulgado de Instrución número 50 de Madrid, a cargo da maxistrada Ana María Iguácel Pérez, na primeira querela criminal que se admitiu a trámite en España por crimes franquistas formulada por Julio Pacheco Yepes contra José Manuel Villarejo e outros membros da Brigada Político Social franquista.[8][9][10][11] Desta demanda chegaron a facerse eco medios internacionais.[12][13][14][15]

Asumiu a presidencia da asociación La Comuna presxs e represaliadxs pola ditadura franquista e participa habitualmente en conferencias, mesas redondas e outros actos sobre vítimas do franquismo.[16][17][18][19][20] Tamén forma parte de CEAQUA, a coordinadora que apoia a Querela arxentina contra os crimes do franquismo, que emitiu máis de 600 denuncias e querelas.[3]

Orientou a súa vida profesional cara ao campo da dietética e a nutrición. Foi colaboradora da Universidade Complutense de Madrid e secretaria científica da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA) e publicou varios artigos científicos sobre dietética e nutrición.[21]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Rosa Mª García Alcón – La Comuna" (en castelán). 2015-04-22. Consultado o 2024-09-29. 
  2. "Rosa García Alcón: "El auténtico lastre que arrastramos es la impunidad del franquismo" - NR - Periodismo alternativo" (en castelán). 2023-11-02. Consultado o 2024-09-29. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Las heridas abiertas de las mujeres víctimas del franquismo". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-09-29. 
  4. Baquero, Juan Miguel (2018-12-18). ""Billy el Niño' me cambió la vida, tuve que dejar mi casa y los estudios"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-09-29. 
  5. 5,0 5,1 "Así relató Rosa García Alcón las torturas que sufrió durante el franquismo: "Me dijeron 'te vamos a matar, a tirar por las escaleras y por la ventana'"" (en castelán). 2019-08-06. Consultado o 2023-11-12. 
  6. "Revista 10º aniversario by La Comuna Presxs del Franquismo - Issuu" (en inglés). 2022-01-20. Consultado o 2023-11-25. 
  7. "Doce víctimas de torturas acuden a la ONU para denunciar a España por no investigar los crímenes franquistas" (en local). Consultado o 2023-11-22. 
  8. Muñoz-Rojas, Ritama. "“La admisión a trámite de la demanda demuestra que sí se pueden juzgar los crímenes del franquismo”" (en castelán). Consultado o 2023-11-20. 
  9. "El primer denunciante de torturas del franquismo que declara ante un juez confía en "romper el muro de la impunidad"" (en castelán). 2023-09-15. Consultado o 2023-11-20. 
  10. SL, TAI GABE DIGITALA (2023-09-15). "Primera causa de torturas en el franquismo: «Empezamos a romper el muro de la impunidad»" (en castelán). Consultado o 2023-11-24. 
  11. "Un juzgado admite una querella contra Villarejo por torturas durante el franquismo" (en castelán). 2023-05-18. Consultado o 2023-11-20. 
  12. "En Espagne, une victime de torture sous le franquisme veut briser "le mur de l'impunité"" (en francés). 2023-09-14. Consultado o 2023-11-20. 
  13. Página|12 (2023-09-15). "Por primera vez declaró una víctima de Franco | La justicia española había rechazado todas las denuncias previas" (en castelán). Consultado o 2023-11-20. 
  14. "En España, una víctima del franquismo es escuchada por primera vez por la justicia". 2023-09-16. Consultado o 2023-11-20. 
  15. C.V, DEMOS, Desarrollo de Medios, S. A. de (2023-09-17). "La Jornada: Testifica por primera vez una víctima de tortura del franquismo" (en castelán). Consultado o 2023-11-22. 
  16. "España (II): Memoria y Justicia Democrática. Represaliad@s del franquismo" (en castelán). Consultado o 2024-09-29. 
  17. "Memoria Histórica: Deuda histórica con las víctimas del Franquismo -In-Formacion CGT" (en castelán). Consultado o 2023-11-13. 
  18. "Luis García Montero abrirá la XVI Semana de la Memoria" (en español). 2022-10-14. Consultado o 2023-11-13. 
  19. "Ayamonte acogerá la 6ª Semana de la Memoria Histórica - Canalcosta Televisión" (en castelán). 2023-04-13. Consultado o 2023-11-20. 
  20. "Contado por ellas". Consultado o 2023-11-21. 
  21. "Ya están publicados los vídeos de las conferencias… | Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación (S.E.D.C.A.)" (en castelán). 2014-11-21. Consultado o 2023-11-22. 

Véxase tamén

Ligazóns externas