Román Rodríguez Martínez

Modelo:BiografíaRomán Rodríguez Martínez
Biografía
NacementoFornelos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Román Rodríguez Martínez, nado en Fornelos (Salvaterra de Miño), foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Fillo de emigrantes de San Xoán de Fornelos. En novembro de 1915 marchou a Arxentina,[1] regresou e volveu marchar en xaneiro de 1917.[2] Foi fundador da sociedade Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos en 1920, foi prosecretario da comisión organizadora da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.[3] De regreso en Galicia foi delegado en Fornelos e presidente do sindicato agrícola gandeiro El Progreso en 1930. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse na Arxentina. Publicou artigos na prensa galega de Buenos Aires e tamén en El Tea.

Notas

  1. El Tea, 12-11-1915, p. 2.
  2. El Tea, 12-1-1917, p. 2.
  3. Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 18. ISBN 978-950-786-574-9. 

Véxase tamén

Ligazóns externas