Romances galegos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) pola editorial Céltiga en 1928 [1]. Foi reeditada pola Editorial Galaxia en 1980 en Poemas galegos.[2]
Análise
Está composto por poemas escritos entre 1921 e 1928. No momento da súa publicación estaba xa establecido na Arxentina, pero en contacto con autores da xeración de vangarda da literatura galega e con autores da xeración do 27 da literatura castelá[3].
A primeira parte do poemario, Os nocturnos, está composta por romances máis baseados na literatura popular. A segunda sección, Témporas, está máis influída polo modernismo, o hilozoísmo de Amado Carballo e o léxico vangardista. Na terceira parte, Nocturnos, usa no poema "Orballo" o recurso vangardista da escaleira, xa usado por autores como Vicente Risco, Manuel Antonio ou Eugenio Montes. O título da cuarta parte, Toda humilde beleza, fai mención a un poema de Noriega Varela, e está adicada a Amado Carballo.
Este libro deu pé á amizade entre Blanco Amor e García Lorca, logo de que Enrique Díez Canedo os puxese en contacto e intercambiasen esta obra co Romancero gitano, publicado en 1927 e con certas características similares.
Segundo o Diccionario da literatura galega:[4]
"O eixo temático dominante é o amor, habitualmente non correspondido, cunha importante presencia de símbolos homoeróticos. Relevo, pois, do intimismo sentimental, unido á visión sensitiva, impresionista, que transforma a realidade nun estilizado e ó tempo plástico cadro de imaxes, por veces cun vangardista aceno lúdico na liña de Amado Carballo. A natureza funciona asimesmo como correlato escénico nas características "estampas" cercana ó creacionismo e por veces ó ultraísmo."
Contido
Os nocturnos
- Romance da saudade
- Romance de feitizo de amor
- Romance de outono
- Romance da danza mística
- Romance antergo
- Romance a un amor de lonxe
- Romance das fillas del Rei
Témporas
- Primavera
- Vrau
- Outono
- Inverno
Nocturnos
- Ensono
- Estrela
- Orballo
- Raid
- Sonsel da morte
- Sonata ao Romantismo
- Da montaña e do sábado
- Beiramar
- Muíño
- Da choiva e da melancolía
Toda humilde beleza
- Función
- ¡Goal!
- Domingo
- Seitura
- Congostra
- Adrezo
- Danza
- Tráfico
- Reclame
- Gala
Amor
- Descordo
- Cantigas de amor perdido:
- I. Saudade
- II. Ermo
- III. Prego a unha fonte
- Nova canzón de amor
- Cantigas a un amor novo
- Canzón sin recordos
Mar
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas