Roi Rigueira Agromartín, nado en Taboada o 5 de marzo de 1987, é un político, deportista e escritor galego.
Traxectoria
Estudou ADE na Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en estratexia dixital e varios cursos de internacionalización de comercio exterior.[1] Traballou de consultor e de axente comercial.[2] É tamén apicultor afeccionado e está vencellado ao sindicalismo agrario.[3][4]
Foi porteiro de fútbol do equipo de Taboada[5][6] e portavoz municipal do PSOE.[7]
En 2023 foi nomeado alcalde de Taboada grazas aos sete votos do PSOE (4) e o BNG (3), sendo o primeiro alcalde socialista da democracia e substituíndo a Ramiro Moure.[8]
Obras
- Taboada. Guía dos seus elementos máis sobranceiros (2023). A Coruña: Hércules Ed. ISBN 978-84-18966-72-9. GHuía do patrimonio material e inmaterial de Taboada, recollendo parte das tradicións a partir de fontes orais.[9]
Notas