Roger W. Burdette

Modelo:BiografíaRoger W. Burdette
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1946
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Maryland.
Actividade
OcupaciónNumismático.


Roger W. Burdette, nado o 18 de setembro de 1946, é un escritor e investigador numismático estadounidense.

Traxectoria

Roger W. Burdette licenciouse na Universidade de Maryland, onde logo acadou un mestrado en Educación.[1]

A súa dedicación profesional está relacionada co ámbito dos sistemas de información e o desenvolvemento de software. Durante 13 anos exerceu como consultor independente en compañías como IBM ou Marriott Corporation,[2] e posteriormente vinculouse laboralmente a unha organización sen ánimo de lucro.[1]

Burdette foi coleccionista de moedas durante máis de catro décadas. Como investigador numismático, centrou o seu interese na historia da moeda dos Estados Unidos, sinaladamente do primeiro terzo do século XIX, o que el denomina como "rexurdimento da moeda estadounidense".[2] É, ademais, un especialista en fotografía numismática.[1]

Burdette é membro da Rittenhouse Society. Formou parte do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda entre 2008 e 2012,[1] e exerceu como consultor da Casa da Moeda dos EEUU e foi asesor en materia de autenticación de diversos museos, compañías de certificación, outras entidades e coleccionistas particulares.[2]

En 2021 foi incluído pola revista Coin World na lista das persoas máis influentes da numismática no período 1960-2020.[1][2]

Recoñecementos

  • (2021). Premio Clemy, do Gremio Literario Numismático dos Estados Unidos.[3][4]

Publicacións

Burdette colaborou con máis de 70 artigos en revistas especializadas estadounidenses como Coin World, Coins e The Numismatist, da American Numismatic Association. Estes son os principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:[1][2][5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía