Roger Keith Crouch, nado en Jamestown (Tennessee) o 12 de setembro de 1940, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-83 e STS-94. Pasou un total de 19,67 días no espazo.[1]
Traxectoria
Crouch é graduado en física polo Instituto Politécnico de Tennessee en 1962 e é máster de ciencias e doutor de filosofía en física polo Instituto Politécnico de Virxinia en 1968 e 1971 respectivamente. Foi científico visitante do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts entre 1979 e 1980.[1]
Participou nas misións STS-83 e STS-94 como especialista de carga.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos