Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, nado en 1530 en Santiago de Compostela, foi un nobre galego, V conde de Altamira.
Traxectoria
Era fillo de Álvaro Lope de Moscoso Osorio e Andrade, IV Conde de Altamira, e de Ana Álvarez de Toledo y Pimentel.
Casou en 1555 con Isabel de Castro e Andrade, parella que tivo tres fillos: Mariana de Castro, Lope de Moscoso Osorio y Castro, VI conde de Altamira, e Teresa de Castro.
Foi medio irmán de María de Moscoso Osorio, de Violante Osorio de Moscoso y Toledo, de Xoán Ramírez de Guzmán Toledo, III conde de Teba, II marqués de Ardales e Mariscal de Castela, de Ana de Mendoza de Alarcón e de Xoana de Mendoza de Alarcón.
En 1546 doou unhas terras agrícolas para uso e goce dos composteláns, que pasarían co tempo a formar parte da Alameda de Santiago.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Vasco da Ponte (1986): Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-5053-389-9.
- García Oro, X. e Potela Silva, Mª X. (2003): La casa de Altamira durante el Renacimiento: estudio introductorio y colección diplomática. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano. ISBN 84-9235-807-6.
Outros artigos
Ligazóns externas