Rodrigo de Luna, nado cara a 1424 ou 1425 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1460,[1] foi un prelado católico romano que exerceu como arcebispo de Santiago de Compostela (1449–1460).[2]
Traxectoria
Era curmán de Álvaro de Luna e grazas á súa influencia tivo unha rápida carreira tanto na corte como na igrexa.[3] A proposta do cabido de Santiago foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela por Nicolao V o 7 de abril de 1449[2] onde exerceu como arcebispo ata a súa morte en 1460.[2] Enfrontouse a unha revolta da nobreza e das cidades dependentes da mitra agrupadas no Manifesto de Antealtares.
Notas