Rodrigo Seoane Rodicio, nado en Ourense o 16 de agosto de 1999, é un xogador de baloncesto galego, que xoga de ala . Actualmente xoga no Basket Navarra da Liga LEB Prata, cedido polo UCAM Murcia.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Club Ourense Baloncesto e durante as tempadas 2015-2016 e 2016-2017 xogou no filial deste club na Liga EBA, cunha media na última tempada de 12 puntos e 6 rebotes por partido.
En agosto de 2017, o ala comprometeuse co UCAM Murcia da Liga ACB ata 2021, incorporándose ao equipo filial da Liga EBA e comezando os seus estudos universitarios na Universidade Católica de Murcia, patrocinador principal do equipo.[1] Durante as tempadas 2017-18 e 2018-19 xogou no UCAM Murcia B da Liga EBA, facendo unha media de 13 puntos e cinco rebotes por partido, con 13 de valoración.
No verán de 2019 o UCAM Murcia cedeuno por unha tempada ao Peixefresco Marín, recentemente ascendido á LEB Ouro.[2][3]
En agosto de 2020 foi cedido de novo, esta vez ao Basket Navarra Club da Liga LEB Prata.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas