Robert Hennet, nado o 22 de xaneiro de 1886 e finado en 1930, foi un tirador de esgrima belga, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 co equipo belga de espada que gañou a competición e levou a medalla de ouro. Competiu tamén nos Xogos Olímpicos de 1920 e foi cuarto en sabre por equipos e sétimo en sabre individual.