Un risco natural é aquel fenómeno físico que produce un dano no ambiente e como consecuencia pode producir desastres ou catástrofes naturais, que causan crises nos diferentes sectores da sociedade.
O impacto dos riscos naturais pódese reducir de diferentes maneiras como por exemplo por campañas de prevención, adoptando políticas de xestión adecuadas, mellorando a comprensión dos fenómenos xeodinámicos dos propios riscos...
O termo risco natural vén dado pola seguinte expresión:
RISCO = PERIGOSIDADE + VULNERABILIDADE
A perigosidade refírese á probabilidade de que un determinado fenómeno se poida producir ou non.
A vulnerabilidade é o impacto do fenómeno sobre a sociedade.
É necesario facer diferenza entre riscos actuais e riscos potenciais:
Riscos actuais: como por exemplo un acuífero contaminado que esta empregándose, un volcán en erupción. Estes riscos fan dano aínda sen desenvolver todo o seu potencial.
Riscos potenciais: un volcán inactivo, unha aba en equilibrio estrito son exemplos.
Clasificación
Meteorolóxicos
Moitos dos riscos naturais están asociados as condicións e os cambios no clima.