Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Rioseco.
Santa Mariña de Rioseco é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres), 10 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.
Rioseco na literatura popular galega
- A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [2].
- As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [3].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [4].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [4].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [5].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [6].
Lugares e parroquias
Lugares de Rioseco
Parroquias de Calvos de Randín
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ 4,0 4,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
Véxase tamén
Outros artigos