Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Ricardo Pita.
Ricardo Pita Bermúdez, nado en Betanzos e finado na mesma vila en setembro de 1897[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo do impresor ferrolán Ricardo Pita. Fundou e dirixiu El Brigantino en Ferrol e despois da revolución de setembro fundou e dirixiu na Coruña La Concordia. No Sexenio Democrático foi deputado provincial e gobernador civil de Santander (1872), Xaén (1872), Ávila (1873), Segovia (1873) e Soria (1874). Foi propietario de La Monarquía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía