Ricardo Jorge Silva Barreiros, nado en Sintra o 17 de xaneiro de 1982, é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como medio e avanzado no CD Paço d'Arcos. É considerado como un dos mellores xogadores portugueses da súa modalidade.
Traxectoria
Formouse como xogador no Paço de Arcos, co que debutou na Primeira División Portuguesa na tempada 2001-02.[1] Xogou neste equipo ata 2004, cando fichou polo SL Benfica, onde militou cinco tempadas.
En 2009 asinou polo club galego H.C. Liceo, co que se proclamou campión da Copa CERS esa mesma tempada. Na tempada seguinte o Liceo conquistou a Copa de Europa, tras derrotar ao Reus na final (7-4), con tres goles de Barreiros. Volveu marcar na final do ano seguinte, na que o Liceo revalidou o título ao vencer ao FC Barcelona (2-4).
Despois de tres anos na Coruña, volveu a Portugal, onde xogou tres tempadas no FC Porto e cinco na UD Oliveirense, antes de regresar na tempada 2020/21 ao Paço d'Arcos.[2]
Ricardo Barreiros é internacional pola selección de Portugal, selección coa que debutou no 2003. Xogou nas fases finais do Campionato de Europa, no 2004, 2006, 2008, 2010, 2012, 2014 e 2016, e nas fases finais do Campionato do Mundo "A", no 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017. O seu mellor resultado foi o 1º lugar no Campionato de Europa de 2016, no que marcou 9 goles. Ademais foi subcampión de Europa nas edicións de 2008, 2010 e 2012, sendo na primeira delas o máximo goleador, con 10 goles. Foi tamén subcampión do mundo en 2017, no Mundial celebrado en Nanjing.
Equipos
Palmarés
HC Liceo
SL Benfica
FC Porto
UD Oliveirense
Selección de Portugal
Véxase tamén
Ligazóns externas
- ↑ "«Herói» Ricardo Barreiros projecta Paço de Arcos" (en portugués). 12 de xaneiro de 2002. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Ricardo Barreiros pode estar de regresso ao Paço de Arcos" (en portugués). 13 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.