Ricardo Goyanes Melgarejo, nado en Lugo en 1873 e finado en Palencia o 17 de decembro de 1924[1], foi un avogado, mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Foi mestre en Ponte Sampaio e Angoares (Ponteareas) e despois oficial de Facenda en Ourense (1915). Foi nomeado auxiliar da Normal de Mestras de Ourense. Pasou despois a delegación de Facenda da Coruña e finalmente foi oficial primeiro de Facenda en Palencia. Foi redactor de El Norte de Galicia e El Diario de Orense, correspondente de La Mañana en Ourense e colaborou en Ilustración Gallega, Vida Gallega e El Diario Palentino. Foi secretario da Asociación de Escritores Gallegos Laureados e foi nomeado cabaleiro da Real Orde de Isabel la Católica e do Mérito Militar.
Obras
- Un programa para la Instrucción Primaria en España, 1917[2].
Vida persoal
Casou con María Osés Armesto.
Notas