Fai fronteiras coa rexión Nordeste polo norte, co océano Atlántico polo leste e o sur, coa rexión Sur polo suroeste e coa rexión Centro-Oeste polo oeste e o noroeste. A Rexión Sueste non é moi extensa, ocupando un 11% do territorio brasileiro. Posúe menos dun millón de quilómetros cadrados de área total.
Cunha poboación de aproximadamente 80.353.724 habitantes no censo de 2010,[1] o Sueste abriga o 42,1 % dos brasileiros, e reúne os tres principais estados do país por habitantes. A densidade demográfica brasileira é grande (22 hab./km²), mais a Rexión Sueste ten unha densidade de 84,21 hab./km².
Os primeiros habitantes da Rexión Sueste do Brasil foron os indios. Máis tarde chegaron os portugueses, fixeron expedicións para coñecer a rexión e comezaron a explorar o pau brasil, madeira abundante nas matas do litoral.
Os portugueses fundaron as primeiras vilas no litoral. A primeira vila fundada foi São Vicente. Aí tivo inicio a plantación da cana de azucre, axudando a que despois naceran outras vilas. A poboación do interior comezou coa fundación da vila de São Paulo de Piratininga.
Os moradores da vila de São Paulo entraron no interior na procura de indios para escravizar. Organizaron as entradas e bandeiras. Nas súas camiñadas, os bandeirantes paulistas descubriron minas de ouro nas terras do actual estado de Minas Gerais.
A poboación tamén aumentou co comercio de gado. Os comerciantes levaban os animais do sur do Brasil para seren vendidos na rexión das minas. No camiño por onde pasaban os fatados de animais apareceron ranchos e pousadas, que deron orixe a moitas poboacións.
Novas facendas de plantación de cana de azucre xurdiron nos antigos camiños por onde seguían as entradas e bandeiras. Esas facendas deron orixe tamén a varias poboacións. Máis tarde, co cultivo do café, aparecerían outras localidades.
O poboamento aumentou moito coa chegada dos inmigrantes e do ferrocarril. A instalación de industrias tamén contribuíu para que moitas persoas doutros estados e países fosen morar na Rexión Sueste.
O poboamento europeo do Sueste brasileiro comezou en 1532, coa fundación da vila de São Vicente polos xesuítasportugueses, apoiada na produción de cana de azucre. A partir do século XVII, na rexión de São Paulo, iniciouse o fenómeno das bandeiras, que eran expedicións polo interior do Brasil á procura de novas riquezas e de indíxenas para seren escravizados.
Coa minería, as atencións da Coroa Portuguesa centráronse na rexión Sueste, tendo en conta que as plantacións de cana de azucre no Nordeste estaban en plena decadencia. Ocorreu logo un gran movemento de persoas para a rexión das Minas, desembocando na Guerra dos Emboabas.
Coa independencia do Brasil en 1822, a rexión Sueste tornouse o centro financeiro do país. Apoiado pola elite rural do Sueste, D. Pedro I tornouse o primeiro emperador do Brasil, abdicando o trono a favor de seu fillo, D. Pedro II en 1830 quen, despois dun turbulento período de rexencia, asumiu o trono en 1841.
Ciclo do café
A partir da década de 1840, as plantacións de café espalláronse por toda a rexión, principalmente no Val do Paraíba e no Oeste Paulista, volvéndose a base da economía brasileira. Usouse, inicialmente, do traballo escravo mais, coa abolición da escravitude en 1888, a falta de man de obra foi resolveuse coa vinda dunha gran masa de inmigranteseuropeos, principalmente italianos.
Na década de 1920, coa quebra da Bolsa de Valores de Nova York, o prezo do café caeu no mercado internacional. O presidente Getúlio Vargas iniciou un proceso de industrialización en São Paulo que, posteriormente, se espallou polos outros estados do Sueste.