Revista de Ciencias Pedagógicas foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1894 e 1895.
Historia e características
Apareceu o 6 de decembro de 1894. Fundada por Gerardo Rodríguez García xunto co seu irmán José Rodríguez García, que foron os principais redactores; o administrador era Jesús Couto Fernández. Pertencía á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Apareceron 25 números, cesando a súa publicación o 30 de xuño de 1895.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos