Retrato de Diego de Covarrubias y Leiva é unha pintura ó óleo sobre táboa do pintor manierista El Greco (1541-1614). Foi pintado en 1600, ten unhas dimensións de 68 cm x 57 cm e está exposto no Museo de El Greco de Toledo.
Características
A produción de retratos foi unha das achegas máis importantes de El Greco tras a súa aprendizaxe en Venecia e Roma. Destacan os seus retratos de medio corpo ou busto sobre un fondo indefinido.
Posiblemente El Greco non coñecese en persoa o teólogo Diego de Covarrubias, xa que este morreu no mesmo ano en que o pintor chegou a Toledo, mais pintou este retrato seu a partir do realizado ao natural por Alonso Sánchez Coello en 1574.[1]
No cadro destaca a serenidade contida do retratado, que ocupou altos cargos da xerarquía eclesiástica. Na parte central aparece a figura masculina. Leva unha cruz pectoral, suxeita por unha cinta branca á altura do peito. Este pectoral de ouro e esmeraldas, en forma de cruz latina, é un símbolo da dignidade, propio dos bispos.[1]
En 1599-1600, El Greco pintou tamén o retrato do seu irmán Antonio de Covarrubias, sendo o pendant deste cadro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía