Retorno a Tagen Ata |
---|
Ficha técnica |
---|
Director | Eloy Lozano |
---|
Guión | Eloy Lozano |
---|
Intérpretes | Alfredo Cortón, Manolo Gómez, Pepe de Lage, Ángel Martínez, Delfina Meire, Lourdes Soto |
---|
Estrea | 1974 |
---|
Duración | 12 minutos |
---|
Orixe | Galicia |
---|
Xénero | Drama |
---|
Na rede |
---|
|
Retorno a Tagen Ata é unha curtametraxe de Eloy Lozano, rodada en 1974 na Merca e A Valenzá baseada na novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Historia
Retorno a Tagen Ata foi a primeira curta galega en rodarse no formato profesional de 35 mm[1]. Rodada en condicións precarias e sen case presuposto no debut do director, presenta múltiples problemas técnicos pero mantén unha fonda vocación narrativa[2]. A súa estrea foi nas III Xornadas de Cine de Ourense en xaneiro de 1975.[3] A copia orixinal está no CGAI, institución que en 2011 realizou unha nova copia para proxeccións.
Sinopse
Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas