María Remedios Quintas Álvarez, nada en Bande en 1960, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Procuradora e profesora de Xeografía e Historia. Foi directora do colexio C. Cisneros (2002). Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Ourense, foi concelleira en Ourense. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 e volveu ser elixida nas eleccións de 2012. É portavoz de Traballo do Grupo Socialista.
Véxase tamén
Ligazóns externas