Reinhard Alfred Furrer, nado en Woergl (Austria) o 25 de novembro de 1940 e finado o 19 de setembro de 1995, foi un astronauta alemán que formou parte da misión STS-61-A.[1][2]
Traxectoria
Furrer graduouse en física pola Universidade de Kiel e Berlín en 1969, obtendo o doutoramento en 1972.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola ESA 1981, participando na misión STS-61-A e pasando un total de 7,03 días no espazo. Faleceu o 19 de setembro de 1995 durante un accidente de aviación.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos