Reinaldo Javier García Mallea, nado San Juan o 15 de xaneiro de 1983, é un xogador de hóckey a patíns arxentino que actualmente xoga de defensa no FC Porto.
Traxectoria
Reinaldo García iniciouse no hóckey a patíns aos 7 anos de idade no Club Rivadavia da súa cidade natal. Ao ano seguinte asinou polo Olimpia, un dos equipos máis importantes deste deporte na Arxentina, onde xogou ata os 18 anos.
Na tempada 2001-02 o FC Porto portugués fixouse nel e fíxose cos seus servizos. Co club portugués gañou 6 Ligas portuguesas de xeito consecutivo entre o 2002 e o 2007, así como 2 Copas e 3 Supercopas. A nivel continental co Porto disputou tres finais da Copa de Europa consecutivas, perdéndoas todas (dúas fronte ao FC Barcelona e unha fronte ao AP Follonica Hockey).
Na tempada 2007-08 chegou a Galiza da man do H.C. Liceo de A Coruña, club no que xogou dúas tempadas e co cal non chegou a gañar ningún título, mais tivo un papel importante que fixo que o FC Barcelona se fixase nel e o fichara na tempada 2009-10 para ocupar a praza que deixou Miquel Masoliver. Co club catalán xogou durante seis tempadas, conquistando entre outros títulos tres Copas de Europa, catro ligas españolas, e dúas Copas do Rei.
En 2015 regresou ao Porto, co que gañou unha nova liga portuguesa e tres Copas de Portugal.
Selección arxentina
Paralelamente tamén participou de xeito habitual na selección arxentina, coa que gañou o Campionato do Mundo de 2015, así como os subcampionatos de 2005 e 2009, 2013 e 2015, a Copa América 2008 e a Copa das Nacións de Montreux 2017.
Palmarés
Olimpia
FC Porto
- 7 Ligas portuguesas (2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2018-19)
- 5 Copas portuguesas (2004-05, 2005-06, 2015-16, 2016-17 e 2017-18)
- 7 Supercopas portuguesas (2005, 2006, 2007, 2016, 2017, 2018 e 2019)
FC Barcelona
Selección arxentina
Véxase tamén
Ligazóns externas