Rego do Menal, río Brandelos

Modelo:Xeografía físicaRego do Menal, río Brandelos
Imaxe
O rego do Menal ao seu paso polo Ameneiral
Tiporegato Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCastrofeito Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRego do Amenal, río Brandelos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°56′N 8°23′O / 42.93, -8.39
Características
Altitude370 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2,93 (lonxitude) km

O rego do Menal ou rego do Monal é un afluente do rego do Amenal, que pertence á bacía do río Brandelos, que discorre polo concello do Pino, na comarca de Arzúa e ten unha lonxitude total de 2.930 metros.[1][2]

Características

Nace na Pena Vieiro, preto da N-634 e do lugar de Vilabuíl, a uns 370 metros de altitude[1], e desemboca no rego Amenal á altura do lugar do Ameneiral, na parroquia de San Miguel de Pereira, a uns 249 metros de altitude[2], seguindo unha dirección norte-sur sen apenas describir grandes revoltas.

O seu curso pasa preto do casarío de Villabuíl, que queda na súa marxe dereita, mentres na esquerda queda encaixado polas elevacións do Coto de Pazos (de 376 m de altitude)[1]. Pouco despois, tras pasar baixo da autovía de Santiago a Lugo), segue polo espazo que deixan á esquerda o Monte do Grilo (de 339 m) e á dereita os montes da Revolta e Telleiro. Neste tramo localízase a poucos metros do rego a chamada Fonte Millara. Por fin, as elevacións do Castro de Amenal (de 332 m) desvían o seu curso para confluír con rego do Amenal[2], no que desemboca na altura do Ameneiral.

Etimoloxía

Menal ou Monal semella unha variante dos topónimos Amenal e Ameneiral (presentes todos eles nesta parte norte da parroquia piñeira) que tería perdida o a- inicial por aférese. A orixe última sería:

  • do fitónimo ameneiro (alnus glutinosa), do latín vulgar *AMINARIU, derivado da forma celta ameia, que significa "a carón do río", porque é aquí onde abundan[3]. É posible que a palabra amenal poida ser un topónimo abundancial que se referira a un conxunto de amieiros[4], igual que a súa variante ameneiral
  • do hidrónimo ame-nale, que significa "meseta ou regato tranquilo"[5], ou da raíz céltica am- que derivaría nun amena- e pode significar "leito de río, gabia"[6]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-I (09-13). Sigüeiro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  3. Fernández Salgado, Benigno (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 25. ISBN 84-8288-752-1. Consultado o 27-8-2020. 
  4. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías A-Z. Editorial Galaxia. p. 268. ISBN 978-84-9865-092-1. Consultado o 27-8-2020. 
  5. Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II)". Flora Montibérica (71): 39. ISSN 1138-5952. 
  6. Moralejo, Juan José (2010). "Topónimos celtas en Galicia". Paleohispanica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania Antigua (en castelán) (10 (Serta Paleohispanica in honorem Javier de Hoz)): 101–102. ISSN 1578-5386.