Rego do Burgo, río Brandelos

Modelo:Xeografía físicaRego do Burgo, río Brandelos
Imaxe
Ponte sobre o rego do Burgo preto da rúa do Picón, no Pedrouzo
Tiporegato Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónArca Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaTouro, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBama Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Brandelos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°56′N 8°22′O / 42.93, -8.36
42°52′33″N 8°21′35″O / 42.8757125, -8.35977796
Características
Altitude365 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións7,72 (lonxitude) km

O rego do Burgo ou rego de Puntillón é un afluente do río Brandelos que discorre polos concellos do Pino e Touro, na comarca de Arzúa e ten unha lonxitude total de 7.720 metros[1][2][3].

Características

Nace na Chousa de Abeas, dentro da parroquia de Arca e preto do lugar de Samil, a uns 365 metros de altitude[1], e desemboca no río Brandelos á altura do lugar de Sar, na parroquia de San Vicenzo de Bama, a uns 185 metros de altitude[2], seguindo unha dirección norte-sur sen apenas describir grandes revoltas.

Apenas a 1.800 metros do seu nacemento, nun meandro, atópase o castro da Roda ou de Vilaboa[4][1]. Pouco despois vai bordeando polo leste a capital municipal do Pino, O Pedrouzo[2], deixando o lugar do Picón ao seu leste[3]. A dous quilómetros do seu encontro co Brandelos, preto do lugar da Sapeira, na parroquia de Bama, o rego do Xeimar vai converxer con el. Por fin, apenas a uns centos de metros ao sur dunha área de extracción de áridos, a antiga mina de cobre de Río Tinto, o rego do Burgo ten o seu encontro co Brandelos[2].

Conta con cinco subafluentes, sendo o rego do Xeimar o máis importante deles.

Etimoloxía

Este rego debe o seu nome ao lugar do Burgo, que atravesa. Por este lugar pasa o Camiño Francés a Santiago.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-I (09-13). Sigüeiro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  3. 3,0 3,1 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  4. Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 94.