José María Paz, Director[1] Grupo Tojeiro 20,28% Xunta de Galicia 17,5% Gas Natural Fenosa 21% Sonatrach 10% First State Regasificadora 15% Forestal del Atlántico 16,22%[2]
Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.[3]
Inicios do proxecto
As orixes da planta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol[4].
O LNG en España
España é un dos países europeos con maior capacidade en infraestruturas de gas. A finais de 2017 o Sistema Gasista español
estaba formado por 11.369 km de gasodutos de transporte primario e un total de 13.361 km incluíndo os secundarios.[5]
Plantas de LNG en España
Planta
Nº de Tanques
Capacidade m³
Notas
Mugardos
2
300 000
Xixón
2
300 000
parada
Bilbao
3
450 000
Barcelona
6
760 000
Sagunto
4
600 000
Cartagena
5
587 000
Huelva
5
619 500
Tenerife
en proxecto
Gran Canaria
en proxecto
Situación legal
Dende que o grupo Tojeiro, promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos, formouse un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da Unión Europea para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.
Coa chegada en maio de 2007 do Galicia Spirit[6], o primeiro gaseiro de 280 metros de eslora e 140.000 metros cúbicos de gas LNG, á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito destes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012[7] e sete deles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio[8].
Dende a posta en marcha da planta o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol organiza concentracións cada vez que un gaseiro entra na ría de Ferrol.
REGANOSA tivo un déficit de 58 millóns de euros en 2011.[9] En outubro de 2013 a empresa anunciou o pintado dos tanques de gas do complexo para mellorar a súa imaxe e integración co contorno[10].