O regadío do Val de Lemos son un conxunto de canles de rega que abastecen boa parte da Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo e que forman parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Estas canles abastécense principalmente do encoro de Vilasouto, no río Mao, aínda que tamén do río Cabe, e dan auga a 4.710 hectáreas de terreos pertencentes aos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Pantón e Sober.