Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Coruña.
Refinería da Coruña é unha empresa galega de refinado de petróleo, inaugurada na Coruña o 11 de setembro de 1964. A planta está situada entre os núcleos coruñeses de Bens e Nostián, e a súa superficie ocupa terreos dos concellos de Arteixo e A Coruña. Actualmente é propiedade de Repsol, con sede en Madrid. Ten unha capacidade de refinado de 120.000 barrís/día e unha extensión dunhas 150 ha.
Historia
En 1961 o Ministerio de Industria autorizou a Marathon Oil Company (antiga The Ohio Oil Company) e á Compañía Ibérica de Petróleos, S.A. (PETROLIBER) a construción dunha refinaría de petróleo no norte de España. En 1962 decidiuse a súa construción na Coruña. A normativa de 1964 suxería unha distancia mínima de 2000 metros ao núcleo de poboación máis próximo. Ese terreo baleiro que separaba a refinaría da cidade da Coruña sería o futuro Polígono A Grela - Bens. En ampliacións sucesivas a refinaría chegou ata o concello de Arteixo.
Cruzando a cidade dende o porto ata a refinaría hai 14 tubos dun diámetro dende 15 cm ata 60 cm. Un oleoduto de 6,5 km que cruza toda a cidade para levar o petróleo dende o porto á refinaría e os produtos refinados dende a refinaría ata o porto[2].
Repsol ten en concesión a terminal petroleira no porto da Coruña ata 2027 e pendente fixar a data para o seu traslado a Punta Langosteira (Arteixo)[3].
O 12 de maio de 1976 o Urquiola encallou na agulla do baixo das Xacentes partindo en dous. O 3 de decembro de 1992 o buque Aegean Sea encallaba e ardía preto da Torre de Hércules.
En 2011 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor do concello de Arteixo na repartición do imposto de actividades económicas que paga Repsol[4]. A Coruña queda co 74,6% e Arteixo co 25,4% do imposto de actividades económicas.
É a primeira refinaría do mundo en obter a certificación enerxética ISO 50001[5].
O 10 de outubro de 2012 produciuse un incendio na refinaría sen danos persoais[6]. En 2018 obtivo certificación ISO 45001 por AENOR.[7]
Produtos
- Propileno.
- Nafta.
- Queroseno.
- Gases GLP.
- Gasolina e Gasóleo.
Coque
Asfaltos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas