Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Redemuíños.
San Salvador de Redemuíños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 130 habitantes (58 homes e 72 mulleres).
A igrexa parroquial inclúe un fermoso retablo, coa parte central enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar hai unha imaxe da Virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, represéntase o Salvador. Coroa o retablo un Cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e San Paulo.
No contorno da igrexa está a casa reitoral, cun reloxo de sol tallado na pedra, coroado pola figura dun músico, tamén tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.
Lugares e parroquias
Lugares de Redemuíños
Parroquias de Quintela de Leirado
Notas
Véxase tamén
Outros artigos