O Portal RILG (Recursos Integrados da Lingua Galega) é unha plataforma que ofrece os seus servizos de consulta desde 2006, tendo como obxectivo a integración, explotación conxunta e difusión dos recursos textuais e léxicos de tecnoloxía lingüística da lingua galega xerados en distintos proxectos realizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) e o Grupo TALG[1] (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo.[2]
Desde 2018, o Portal RILG inclúe o banco de terminoloxía multilingüe do bUSCatermos grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.[3]
Recursos
Corpus de Lingua Galega no RILG
- Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos xurídicos)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de ecoloxía)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de economía)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de informática)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de socioloxía)
- Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de medicina)
- Corpus Xelmírez - Corpus Lingüístico da Galicia Medieval
Corpus paralelos de tradución
- Corpus CLUVI (latín-galego-portugués-portugués-catalán-francés-italiano-español-inglés-alemán-éuscaro-chinés, textos da Biblia)
- Corpus CLUVI (galego-español, textos xurídicos)
- Corpus CLUVI (inglés-galego-francés-español, textos do Correo da Unesco)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, programas informáticos)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (francés-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (alemán-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (galego-español, textos literarios)
- Corpus CLUVI (español-galego-catalán-euskara, textos da revista Consumer)
- Corpus CLUVI (español-galego, textos de turismo)
- Corpus CLUVI (galego-chinés, subtitulado filmes)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, subtitulado filmes)
- Corpus CLUVI multimedia (inglés-galego, subtitulado filmes)
- Corpus Paralelo SensoGal (SemCor inglés-galego)
Dicionarios galegos no RILG
- Dicionario de Dicionarios
- Dicionario de Sinónimos do Galego
- Galnet - WordNet 3.0 do Galego
- DBpedia do Galego
- Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval
- bUSCatermos
- Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo
- Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo
- Aquén - Banco de Datos de Toponimia Galega
- Dicionario CLUVI inglés-galego
- Dicionario CLUVI francés-galego
- Dicionario CLUVI español-galego
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas