Recaredo Romero Nieto, nado en Verín en 1917, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1941. Médico, foi nomeado alcalde de Verín en xaneiro de 1955, tomando posesión o 18 de xaneiro.[1] Foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Ourense (1955-1958). Cesou como alcalde en 1958. Foi candidato de procurador en Cortes en 1967,[2] pero non foi elixido.[3]
Vida persoal
Casou con Elvira Cid Guerra.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, :19-1-1955, p. 4.
- ↑ La Noche, 6-10-1967, p. 8.
- ↑ La Noche, 11-10-1967, p. 4.