Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Rebordáns.
San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.198 habitantes, sendo 574 homes e 624 mulleres.
Patrimonio
A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da vía XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo ligada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.
Ten planta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.
A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.
O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[2]
Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.
Véxase tamén
Lugares e parroquias
Lugares de Rebordáns
Parroquias de Tui
Notas
Véxase tamén
Outros artigos