Reboiras: Acción e Corazón[2] é un filme galego dirixido por Alberte Mera e producido pola Fundación Terra e Tempo. O filme documenta a figura de Moncho Reboiras e mostra a súa historia a partir das entrevistas a 29 testemuñas directas que compartiron con el diferentes circunstancias, como o irmán de Moncho, Manuel Reboiras, a súa curmá Lita Martínez ou o escritor e exsecretario xeral da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez Sánchez.[3] A maiores, a obra tamén inclúe filmacións e documentos históricos.[4][5][6]