Rebezo cantábrico

Rebezo cantábrico
Rupicapra pyrenaica parva

Rebezo cantábrico nos Picos de Europa
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Tribo: Rupicaprini
Xénero: Rupicapra
Especie: R. pyrenaica
Nome binomial
Rupicapra pyrenaica
Bonaparte, 1845
Nome trinomial
Rupicapra pyrenaica parva
Cabrera, 1911 [1]
Área de distribución do rebezo cantábrico
Área de distribución do rebezo cantábrico

Área de distribución do rebezo cantábrico
Distribución do rebezo cantábrico en Galicia
Distribución do rebezo cantábrico en Galicia

Distribución do rebezo cantábrico en Galicia

O rebezo cantábrico, Rupicapra pyrenaica parva, é unha subespecie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos e tribo dos rupicaprinos.

Distribúese pola cordilleira Cantábrica, chegando a súa área de dispersión até a Galicia oriental.

En Galicia adoita chamarse simplemente rebezo, xa que é a única especie do xénero Rupricapra que forma parte da fauna do país.[2]

Taxonomía

A especie foi descrita en 1845 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, aínda que durante moito tempo foi cuestionada pola comunidade científica, e non foi aceptada até 1985 a súa separación de Rupicapra rupicapra.[3]

Subespecies

Na especie distínguense tres subespecies:[4]

  • Rupicapra pyrenaica subsp. ornata, Neuman, 1899.[5] - rebezo dos Abruzos (Apeninos)
  • Rupicapra pyrenaica subsp. parva, Cabrera, 1911.[1][6][7] - rebezo cantábrico (Cordilleira Cantábrica)
  • Rupicapra pyrenaica subsp. pyrenaica, Bonaparte, 1845. - rebezo dos Pireneos (Pireneos)

Descrición

As principais características morfolóxicas do rebezo cantábrico son:[2][8][9][10][11]

É un bóvido de pequeno tamaño (o menor de todos os da Península Ibérica), menor e máis esvelto que a cabra montesa, Capra pyrenaica. O seu corpo é compacto, alcanzando un tamaño de entre 100 e 104 cm (incluíndo a curta cola, de 3 a 4 cm); a altura na cruz é de entre os 72 e os 74 cm. Pesa entre 25 e 30 kg. Os machos son lixeiramente máis grandes que as femias.

Ambos os sexos posúen cornos, que comenzan a medrar a partir dos 3 meses de idade, e que perduran dutante toda a vida do animal; estes cornos teñen forma de gancho, e xorden do cranio verticais, para despois curvarse cara a atrás; os dos machos son máis grosos e co gancho máis pechado que os das femias; a estrutura dos cornos é ósea, de sección ovalada, recuberta por un estoxo córneo (é dicir, queratinoso).

A cabeza é pequena, con ollos e orellas grandes (que son de cor escura pola cara dorsal e abrancazada pola ventral). A fronte, a queixada e a gorxa son de cor clara, abrancazada, cunha mancha escura que vai desde o labio superior até máis arriba dos ollos, a xeito de enteface. A cor do corpo é uniforme, semellante en ambos os sexos, parda avermellada (máis clara no verán), cunha liña escura que percorre lonxitudinalmente o dorso; o peito, o ventre e a cara anterior das patas é máis escura; o pelame invernal presenta unha maior densidade de pelos, cunha coloración máis agrisada e con contraste de cores máis marcada que na de verán.

As patas son fortes, ben adaptadas á vida entre as rochas. Os pezuños, rematados en punta, son anchos e presentan almofadiñas brandas recubertas por unha vaíña dura e, para asegurar unha maior adherencia cando camiñan no inverno sobre a neve, entre ambos os dedos anteriores hai unha membrana interdixital que fai aumentar a superficie do pezuño.[2]

Cría de rebezo no Parque Nacional dos Picos de Europa.

Aínda que o dimorfismo sexual é pouco acentuado, podemos distinguir os sexos (e tamén entre os individuos adultos e os novos) pola forma e tamaño cos cornos, e polos aneis de crecemento.
Os machos teñen os cornos máis grandes e grosos, son de sección claramente oval e son máis ganchudos, mentres que os das femias son máis pequenos e delgados, de sección case circular e co extremo superior menos curvado, formando coa parte anterior un ángulo de case 90º.
Outros caracteres morfolóxicos distintivos son a maior corpulencia dos machos, o seu pescozo máis groso, e o pincel peneano; cando urinan, os machos fano cara a adiante, ao contrario das femias que, ademais, teñen o pesozo máis delgado e o tronco máis estilizado.
Por outra parte, cada ano de vida fórmase un segmento de corno que despraza ao anterior cara a arriba, formándose entre ambos os segmentos unha estría; o reconto das estrías permite calcular a idade do animal.

Bioloxía

Hábitat e distribución

Hábitat

Rebezo cantábrico nos Picos de Europa.

Os rebezos cantábricos viven nas montañas altas e medias (entre os 400 e os 2.400 m), orixinalmente moi cinguidos aos bosques (caducifolios, de coníferas ou mixtos), especialmente en ladeiras con moita pendente e abundancia de rochas. Porén, frecuentan tamén os terreos rochosos por riba do límite das árbores. No verán, ascenden cara aos prados alpinos, a ladeiras umbrías, moitas veces desprazados até elevadas cotas pola presión humana ou polo gando.[8] [9][10]

Distribución

O rebezo cantábrico distribúese unicamente pola cordilleira Cantábrica, desde Galicia, no límite oeste da Resarva dos Ancares, e máis na Enciña da Lastra, até a Reserva de caza do Saja e o alto Asón, en Cantabria.[4][8]

Comportamento

Os rebezos son sobre todo diúrnos, descansando ao medio día (especialmente nos días calorosos do verán), e son raramente activos pola noite. Son áxiles trepadores, marchan regularmente ao paso e ao galope, raramente ao trote. Son capaces de nadar, aínda que no o fan máis que en caso de necesidade.[10] Poden realizar saltos de até 2 m de altura e 6 m de lonxitude.

Son animais sociais que se moven en pequenos grupos á procura de pastos de montaña. Estes grupos están formados por femias coas súas crías do ano e individuos xuvenís (ás veces, tamén acompañanos por un ou dous machos adultos) e son guiados por unha femia vella. Os machos son solitarios ou viaxan reunidos en pequenos grupos. Estes grupos só se reúnen durante a época de celo.[9][10][12]

A vista, olfacto e oído son excelentes. Isto axúdalles a identificar axiña aos seus depredadores, como osos, lobos, e homes. Outros perigos que axexan aos rebezos que viven en altas montañas son os aludes, até o punto de que non é raro atopar rabaños enteiros mortos pola súa causa na época do desxeo.

En inverno refúxianse nos bosques alimentándose de musgos, liques e poliñas.

Alimentación

Comen plantas gramíneas e outras plantas herbácas, follas, agromos, musgos, liques, codias e arumes.[9][12] En inverno predomina a inxesta de plantas leñosas (breixos, uces, carrouchas).[8]

Reprodución

O rebezo alcanza a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos de idade, madurando antes as femias. A época do celo adoita comezar entre outubro e novembro. Neste tempo os grupos de machos seguen aos de femias e únense a eles. Os machos vólvense territoiriais e agresivos, producíndose entón fortes enfrontamentos entre eles, que loitan polo dereito a reproducírense; estas loitas non son sanguentas, reducíndose case sempre a ademáns intimidatorios trucando testa contra testa.[9]

Durante a época da reprodución os machos apenas comen, ocupados como están en conseguiren o maior número de femias posíbel. Os machos dominantes adoitan marcar os arbustos cunha substancia cun cheiro que atrae ás femias, esfregando a cabeza contra as plantas e o ventre contra o chan. A xestación dura uns 170 días, ao cabo dos cales as femias paren unha única cría (raras veces dúas), capaz de ver e andar e cuberta de pelo, que permanece ao lado da nai durante os dous primeiros anos de vida.[2][9]

A esperanza de vida destes animais é duns 15 a 20 anos.[9][12]

Depredadores

É unha especie cinexética.[12]

As especies que predan sobre o rebezo cantábrico son, para os adultos, unicamente o lobo (Canis lupus signatus); os cabritos tamén son deprerdados pola aguia real (Aquila chrysaetos) e o raposo (Vulpes vulpes).[8] E, nos lugares onde aínda está presente, describiuse tamén depredación por parte do oso pardo (Ursus arctos).

Relacións interespecíficas

Aínda que o rebezo cantábrico compite polo pasto con outras especies de ungulados salvaxes (cervo, corzo) e domésticos (cabra, ovella, vaca, cabalo), non forma grupos mixtos con ningunha das especies citadas.[9]

Estado de conservación

Segundo a UICN o estado de conservación desta especie, a data do ano actual (2014), é de LC (pouco preocupante).[4]

En xeral, a situación da especie Rupicapra pyrenaica mellorou considerabelmente desde 1990. Non todas as subpoboacións da subespecie cantábrica, R. p. parva foron censadas, pero a poboación total estimábase en 2002 nunhas 15.000 cabezas.[4]

En Galicia

O rebezo cantábrico vive en Galicia nas serras orientais lugesas e ourensás (Ancares, Courel, Enciña da Lastra). O número de exemplares é escaso, pero na actualidae está colonizando novas zonas.[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Groves, Colin & Peter Grubb (2011). p. 249.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Díaz d'a Silva et al. (2007), pp. 148-149.
  3. Grubb, P. (2005): "Order Artiodactyla". En Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors, Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Rupicapra pyrenaica na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2
  5. Rupicapra pyrenaica en Mammal species of the World, 3ª ed.
  6. Rupicapra pyrenaica Arquivado 29 de decembro de 2005 en Wayback Machine. na Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Mamíferos. Museo Nacional de CCNN (CSIC).
  7. Porén, a suberpecie cantábrica, R. r. parva Cabrera, é hoxe en día incluída por algúns autores na subespecie R. p. pyrenaica.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Pérez-Barbería, F. Javier & Estefanía Pérez Fernández: Identificación, biología y ecología del rebeco cantábrico (Rupicapra pyrenaica parva).
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 9,7 Pérez-Barberia, F. Javier & Borja Palacios, eds. (2009): Rebeco cantábrico Rupicapra pyrenaica parva: conservación y gestión de sus poblaciones.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Van den Brink et al.(1971), p. 172.
  11. Rupicapra pyrenaica na Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC (en castelán).
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Schillinget al.(1987), pp. 234-235.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Díaz d'a Silva, J. I. & Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
  • Pérez-Barberia, F. Javier & Borja Palacios, eds. (2009): Rebeco cantábrico Rupicapra pyrenaica parva: conservación y gestión de sus poblaciones. Madrid: Organismo Autómomo Parques Nacionales. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. ISBN 978-84-8014-760-6.
  • Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites". Molecular Phylogenetics and Evolution 25 (3): 524-534.
  • Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
  • Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

  لمعانٍ أخرى، طالع تصفيات كأس العالم 2022 (توضيح). تصفيات كأس العالم 2022 (أمريكا الجنوبية)تفاصيل المسابقةالتواريخ8 أكتوبر 2020 – 29 مارس 2022الفرق10 (من اتحاد قاري واحد)إحصائيات المسابقةالمباريات الملعوبة89الأهداف المسجلة223 (2٫51 لكل مباراة)الحضور1٬307٬458 (14٬691 لكل مباراة)...

 

1982 film The TroutFilm posterDirected byJoseph LoseyWritten byRoger VaillandMonique LangeJoseph LoseyProduced byYves Rousset-RouardStarringIsabelle HuppertCinematographyHenri AlekanEdited byMarie Castro-VasquezMusic byRichard HartleyDistributed byGaumontRelease date 22 September 1982 (1982-09-22) Running time105 minutes[1]CountryFranceLanguageFrenchBudget$3 million[2] The Trout (French: La Truite) is a 1982 French drama film directed by Joseph Losey based on th...

 

Pep Guardiola Pep pada tahun 2017Informasi pribadiNama lengkap Josep Guardiola Sala[1]Tanggal lahir 18 Januari 1971 (umur 53)Tempat lahir Santpedor, Catalunya, SpanyolTinggi 1,80 m (5 ft 11 in)[2]Posisi bermain Gelandang bertahanInformasi klubKlub saat ini Manchester City (manajer)Karier junior1984–1990 BarcelonaKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1990–1992 Barcelona B 59 (5)1990–2001 Barcelona 263 (6)2001–2002 Brescia 11 (2)2002–2003 AS Roma 4 (...

Educational activities training physicians in the United States This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Medical education in the United States – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2009) (Learn how and when to remove this template message) The Jackson Memorial Hospital (MJMH) comple...

 

حَفْصَة بِنْت عُمَر تخطيط لاسم حفصة بنت عمر ملحوق بدعاء الترضي عنها أمُّ المؤمنين، الصوَّامة، القوَّامة الولادة 18 ق.هـ / 605م (5 أعوام قبل البعثة)مكة، تهامة، شبه الجزيرة العربية الوفاة 41 هـ / 661مالمدينة المنورة مبجل(ة) في الإسلام المقام الرئيسي المدينة المنورة، مقبرة البقيع ا...

 

Questa voce sull'argomento calciatori greci è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Anastasios Lagos Nazionalità  Grecia Altezza 182 cm Peso 76 kg Calcio Ruolo Centrocampista Squadra  Eolikos Carriera Giovanili 2007-2011 Panathīnaïkos Squadre di club1 2011-2016 Panathīnaïkos77 (4)[1]2016-2017 Kickers Würzburg5 (0)2017-2018 Larissa19 (0)2019 Ermī...

Media Organization Dubai Media Incorporated (DMI)TypeTelevision, Radio, Print & Online MediaCountryUnited Arab EmiratesAvailabilityMiddle East and North AfricaOwnerDubaiKey peopleMaktoum bin Mohammed bin Rashid Al Maktoum(Chairman)Ahmad Abdalla Al Shaikh(Board Member & Managing Director)Former namesDubai Department of MediaOfficial websitedmi.gov.ae (EN)dmi.gov.ae (AR) Dubai Media Incorporated (DMI) is the official media organization of the government of Dubai. It was established in 2...

 

Sears, Roebuck and CompanyJenisanak perusahaan Sears Holdings CorporationIndustripedagang eceranDidirikan1886 (Chicago, Illinois, Amerika Serikat)KantorpusatHoffman Estates, Illinois, ASProdukbusana, alas kaki, perlengkapan tidur, mebel, perhiasan, kosmetik, perabot rumah tangga, alat pertukangan, dan barang elektronik.Pendapatan$23,6 jutaSitus webwww.sears.com Sears, Roebuck and Company adalah nama toko serba ada berantai asal Amerika Serikat yang didirikan pada tahun 1886. Pendirinya bernam...

 

Georgian journalist, intellectual, revolutionary and politician Noe Zhordaniaნოე ჟორდანიაZhordania in 1920Head of the Government of the Democratic Republic of Georgia in ExileIn office18 March 1921 – 11 January 1953Preceded byHimself as Prime Minister of GeorgiaSucceeded byGovernment in Exile dissolved2nd Prime Minister of GeorgiaIn office24 June 1918[1] – 18 March 1921Preceded byNoe RamishviliSucceeded byBudu Mdivani (As Chairman of the Cou...

Sexual reproduction in canine species This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Canine reproduction – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2022) (Learn how and when to remove this message) Canine reproduction is the process of sexual reproduction in domestic dogs, wolves, coyotes and other...

 

Former shopping mall in Mountain View, California Mayfield MallLocationMountain View and Palo Alto, California, United StatesAddress100 Mayfield AvenueOpening dateOctober 5, 1966 (1966-10-05)Closing dateJanuary 1984 (1984-01)DeveloperAlbert A. Hoover and Associates; Hare, Brewer and Kelley, Inc.[1]No. of stores and services24No. of anchor tenants1Total retail floor area500,000 sq ft (46,000 m2)[1]No. of floors1 Mayfield Mall was a shoppi...

 

Russian-Japanese WWII battle This article uses bare URLs, which are uninformative and vulnerable to link rot. Please consider converting them to full citations to ensure the article remains verifiable and maintains a consistent citation style. Several templates and tools are available to assist in formatting, such as reFill (documentation) and Citation bot (documentation). (September 2022) (Learn how and when to remove this message) Battle of ShumshuPart of the Invasion of the Kuril Islands d...

Questa voce sull'argomento missili è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Disegno di un Trident II D5 Disegno dei francesi M4, M45 e M51 Sequenza di lancio di un Trident C4 e tracce luminose delle diverse testate nucleari ospitate sul missile. Confronto tra diversi SLBM prodotti. Da sinistra a destra:SS-N-8 • SS-N-18 • SS-N-20 • SS-N-23 • JL-1 (CSS-NX-3) • JL-2 (CSS-NX-4) SLBM è una...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يوليو 2023) نتائج منتخب الجزائر لكرة القدم 1963–1969 1970–1979 1980–1989 1990–1999 2000–2009 2010–2019 2020–2029   فوز    تعادل    خسارة    أُلغيت هذه قائمة بن...

 

Gask Ridge Gask Ridge est le nom actuel donné à une série de fortifications édifiée par les Romains au cœur de l’Écosse dans les années 70 et 80, soit 40 et 60 ans avant les murs d’Hadrien et d’Antonin. Bien qu’il ne s’agisse pas un mur continu, il a peut-être été la première frontière terrestre fortifiée de l'Empire romain. Les fortifications s’étalent à la limite de la zone montagneuse des Highlands, dans le Perthshire et l’Angus, protégeant ain...

Glacier in Nunavut, Canada Kaparoqtalik Glacier in the southern Byam Martin Mountains Tip of the tongue of Kaparoqtalik Glacier Kaparoqtalik Glacier is a glacier located in the southern coast of the Byam Martin Mountains on Bylot Island, Nunavut, Canada.[1] It lies in Sirmilik National Park. See also List of glaciers in Canada References ^ GeoNames: Kaparoqtalik Glacier vteArctic Cordillera of CanadaRanges Adam Baffin Blackwelder Blue Boulder British Empire Bruce Byan Martin Challenge...

 

Election to Seanad Éireann vacancies Two by-elections were held for vacancies in Seanad Éireann on Wednesday, 21 April 2021.[1] The vacancies were caused by the resignations of Fine Gael's Michael W. D'Arcy from the Agricultural Panel in September 2020 to become chief executive of the Irish Association of Institute Management;[2] and of Sinn Féin's Elisha McCallion from the Industrial and Commercial Panel in October 2020 due to a COVID-19 grants controversy.[3] Fine...

 

Cet article est une ébauche concernant le patinage de vitesse. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Erben WennemarsErben WennemarsBiographieNaissance 1er novembre 1975 (48 ans)DalfsenNom dans la langue maternelle Egbert Rolf WennemarsNom court Erben WennemarsNationalité néerlandaiseActivités Animateur de télévision, patineur de vitesseEnfant Joep Wennemars (en)Autres informationsTaille 1,82...

Azerbaijani association football club Not to be confused with FC Neftchi Fergana. Football clubNeftçiFull nameNeftçi Peşəkar Futbol KlubuNickname(s)Neftçilər (The Oil Workers)[1] Flaqman (The Flagship)[1] Xalqın komandası (The People's Team)[1]Founded18 March 1937; 87 years ago (1937-03-18) as Neftyanik[2]GroundNeftçi ArenaCapacity11,000OwnerSOCARPresidentCenk SümerHead coachRoman HryhorchukLeagueAzerbaijan Premier League2024–255th...

 

Silhouette di un Saturn Award Il Saturn Award è un premio cinematografico statunitense assegnato ogni anno dai membri dell'Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films alle migliori opere di fantascienza, fantasy e horror, relativamente a film, film TV e home video. Fu consegnato per la prima volta nel 1973. Il premio, descritto come l'Oscar della fantascienza[1] e recentemente conosciuto come Golden Scroll, è costituito da una rappresentazione del pianeta Saturno, racchiu...