Rebecca Meyers, nada en Baltimore o 20 de novembro de 1994,[1] é unha nadadora paralímpica dos Estados Unidos.[2] Gañou tres medallas de ouro e unha de prata en Río 2016. Tamén foi membro do equipo paralímpico de 2012 e gañou unha medalla de prata e bronce en Londres.[3] Rebecca Meyers tamén competiu nas Xordolimpiadas de Verán de 2009 que se celebraron en Taiwán, sendo a súa única aparición nas Xordolimpiadas.[4][5] Tamén obtivo unha medalla de bronce no evento de substitución de estilo libre de 4 × 200 m nas Xordolimpiadas de 2009.[6]
Traxectoria
Meyers ten a síndrome de Usher e é xorda dende que naceu.[7] Dende que era nova, usou un implante coclear, un dispositivo electrónico que lle permite escoitar.[8] Meyers tamén perdeu a súa visión debido a unha enfermidade chamada retinite pigmentaria (RP), e ten un can guía chamado Birdie, que a axuda a transitar e desenvolverse pola súa contorna.[9]
En 2015 e 2017, Meyers recibiu o Premio ESPY á mellor atleta feminina con discapacidade.[10] Gañou unha medalla de ouro rompendo unha marca nos Xogos Paralímpicos de Verán 2016.[11]
Creceu en Baltimore, graduouse na preparatoria Notre Dáme e actualmente asiste a Franklin and Marshall College en Lancaster, Pensilvania. É estudante de Historia con especialización en Estudos de Discapacidade. Foi nadadora de clubs con Loyola Blakefield Aquatics durante once anos. En 2012, uniuse ao North Baltimore Aquatic Club onde tamén se formou Michael Phelps. Becca logo cambiouse ao Capital Swim Club de Nation situado en Bethesda, Maryland, onde adestra titorizada por Bruce Gemmell, o adestrador de Katie Ledecky.[12] Ten múltiples marcas mundiais nas clases S13 e S12.
Notas