Raúl II de Vermandois[1] (chamado o Mozo e o Leproso), nado en 1145 e finado o 17 de xuño de 1176, foi conde de Vermandois, de Valois e de Amiens (como Raúl VI), fillo de Raúl I, conde de Vermandois, Amiens e Valois, e de Petronila de Aquitania.
Traxectoria
Casou con Margarida de Alsacia ao redor de 1160 (sobre 1145 - 1194 ), que despois foi condesa de Flandres en 1191.
Afectado pola lepra arredor de 1163 [2] o seu matrimonio non puido ser consumado e rompeu. Non tendo fillos, abdicou en favor da súa irmá Isabel de Vermandois en 1167.
Notas