Raúl Anganuzzi, nado o 20 de xullo de 1906 e do que se descoñece a data do pasamento, foi un tirador de esgrima arxentino, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
Participou con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1928 celebrados en Ámsterdan como parte do equipo de florete arxentino xunto con Roberto Larraz, Luis Lucchetti, Héctor Lucchetti e Carmelo Camet como suplente.[1] Na primeira rolda competiu con Bélxica, España e Noruega vencendo nos tres combates. Pasou nunha vitoria axustada os cuartos de final fronte aos Estados Unidos e doadamente aos Países Baixos. Na semifinal venceu a Hungría pero na seguinte fase perdeu con Francia facéndose o equipo arxentino coa medalla de bronce, a única medalla olímpica que logrou arxentina en esgrima.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas