Unha rañura de expansión,[1] tamén coñecida polo termo inglésslot, é unha fenda, conector, encaixe ou espazo na placa base dun computador, que permite conectar diferentes dispositivos expandido as capacidades do sistema. A súa función é ligar os periféricos ao barramento (en inglés bus), facendo corresponder as velocidades. Nas placas base encóntranse varias rañuras para o encaixe doutras placas (vídeo, son, módem e rede por exemplo).
Exemplos de rañuras
ISA: (Industry Standard Architecture): Que é utilizado para conectar periféricos lentos, como a placa de son e fax módem (16 bits baixa velocidade).
PCI: Utilizado por periféricos que demanden velocidade, como a placa de vídeo (32 bits, alta velocidade).
AGP: (Accelerated Graphics Port): Utilizado exclusivamente por interface de vídeos 3D (32 bits, alta velocidade).
PCI Express: Utilizadas nas placas de vídeo mais modernas, varía de 1X até 32X.