Rauschpfeife |
---|
Instrumentista tocando o rauschpfeife |
Información |
---|
Clasificación | vento-madeira |
---|
Instrumentos relacionados | charamela, punteiro, clarinete |
---|
O rauschpfeife (en alemán Rauschpfeife, os substantivos van sempre en maiúscula) é un instrumento musical da familia de vento-madeira nado no século XVI. Trátase dun instrumento de dobre palleta de burato cónico, moi semellante ao cromorno e ás cornamusas antigas. [1]
Características
Rauschpfeife diferénciase do cromorno principalmente pola forma do corpo, que, como na charamela, é cónica. Como resultado, o instrumento emite un son moi alto, polo que é adecuado para impresionar ao inimigo na batalla.
A palabra rauschpfeife, ademais de referirse a un instrumento de vento concreto, utilizábase no pasado para indicar o vento-madeira en xeral: por exemplo, un encargo de compra de instrumentos, feito polo concello de Nürnberg en 1538, indicaba a necesidade de Rauschpfeiffen, pero no corpo da orde foron listados frautas, cornetas, charamelas e outros instrumentos.[2]
Como ocorre con moitos instrumentos deste período e xénero, a práctica filolóxica da música antiga permitiu redescubrir o rauschpfeife nas últimas décadas; de feito, os exemplos modernos son construídos e interpretados por admiradores da música antiga en todo o mundo. Tamén son empregados na música folk por grupos como Capercaille.[3]
Co mesmo nome existe tamén un rexistro particular do órgano.[4]
Notas
- ↑ Instrumento semellante ao rauschpfeife pero cunha campá pechada, que non hai que confundir coa cornamusa moderna.
- ↑ Barra Boydell. "Rauschpfeife", Grove Music Online, ed. L. Macy (acceso o 8 de febreiro de 2006), grovemusic.com Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ "Capercaillie - Cascade". www.discogs.com. Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Encyclopedia of Organ Stops". web.archive.org. 2013-01-20. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-08-13.
Véxase tamén