Raquel Fernández Fernández, nada na Gudiña no ano 1985, é unha política galega do BNG, candidata á alcaldía do concello da Gudiña nas eleccións municipais de 2015 e 2019[2]. Foi candidata ao Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2020, ocupando o número 13 na lista da Provincia de Ourense.[3]
Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo, é concelleira e voceira municipal do BNG no concello da Gudiña[4] desde o ano 2015. Fai parte do Colectivo Feminista “Mulleres da Gudiña”[5] así coma da Asociación Cultural Os Torgueiros.