Raquel María Bautista Carballo, nada en Petín en 1970, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Irmá de Miguel Bautista Carballo que foi alcalde de Petín de 1999 a 2019. Pertence á asociación cultural Fonte Grande. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa de Petín con maioría absoluta.[1] Nas municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas