Raposo gris das illas

Raposo gris das illas
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Urocyon
Especie: U. littoralis
Nome binomial
Urocyon littoralis[2]
(Baird, 1857)[3][4]
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución

O raposo gris das illas ou raposo insular (Urocyon littoralis) é un pequeno cánido en perigo de extinción que só vive nas Illas Santa Bárbara, un pequeno arquipélago localizado fronte ás costas de California. É unha das dúas especies actuais clasificadas no xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris (Urocyon cinereoargenteus), o seu devanceiro no continente. É o raposo de menor tamaño de América do Norte e un dos máis pequenos do mundo, pois rivaliza por este título co fenec (Fennecus zerda) de África.

A poboación do raposo gris das illas descendeu fortemente durante a década de 1990 por mor das enfermidades introducidas no arquipélago, da actividade humana e da depredación da aguia real. Dende 2004, as catro subespecies máis ameazadas están protexidas e puxéronse en marcha plans de conservación do seu hábitat e de cría en catividade.

Notas

  1. {{{assessors}}} ({{{year}}}). "{{{title}}}". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o {{{downloaded}}}. 
  2. The Taxonomicon (en inglés)
  3. Baird, S.F. (1857, 1858). Mammals. A Reports of explorations and surveys for a railroad route from the Mississippi River to the Pacific Ocean. Beverly Tucker, Printer, Washington DC, 8 (part 1): 143, 757 páx.
  4. uBio (en inglés)

Véxase tamén