Randolph James Bresnik é un piloto de probas e astronauta estadounidense que participou nas misións STS-129 e Soiuz MS-05. Pasou un total de 10,80 días no espazo.[1]
Biografía
Bresnik naceu o 11 de setembro de 1967 en Fort Knox, Kentucky. É graduado en Sistemas de Aviación pola Universidade de Tennessee-Knoxville en 2002 e polo Air War College en 2008. Está casado con Rebecca Burgin e ten un fillo e unha filla.[1]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004 e pasou a ser astronauta oficialmente en febreiro de 2006. Formou parte da tripulación das misións STS-129 e Soiuz MS-05.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos