Ramón Taboada de Zúñiga Salgado, nado en Ourense o 9 de outubro de 1923 e finado na mesma cidade 3 de xullo de 2016,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Francisco Javier Taboada de Zúñiga. Doutor en Dereito. Foi alcalde de Ourense (1958-1962) e procurador nas Cortes Españolas. Foi Delegado provincial do Ministerio da Vivenda en Ourense (1963-1978) e presidente da Cámara Agraria.
Recoñecementos
Encomienda da Orde de Cisneros e do Mérito Civil.
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con Pilar Romero García-Reboredo o 18 de marzo de 1953, filla de Francisco Romero Molezún, e foi pai de Francisco Javier Taboada de Zúñiga Romero.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas