Estudou Medicina a Madrid. Realizou traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas dende 1924. A súa tese de doutoramento La histopatología de la parálisis agitante cerebral foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal. En Madrid formou parte dun grupo chamado Celta ("Mocedade Céltiga"). Optou pola psiquiatría e en 1926 a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de case catro anos para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Á volta traballou en Madrid con Rodríguez Lafora. Despois marchou a Compostela, onde dirixiu o Sanatorio de Conxo dende 1932. Dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969. Socio do Seminario de Estudos Galegos, mantivo amizade cos líderes do Partido Galeguista Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda, e con Francisco Fernández del Riego. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933.