Ramón Osorio Pita

Modelo:BiografíaRamón Osorio Pita
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1938 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Ramón Osorio Pita da Veiga, nado cara a 1859 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1938, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria

Orixinario de San Pedro de Láncara. Fillo de Juan Diego Osorio de Albaredo Pardo de Aguiar e Amalia Pita da Veiga Becerra. Foi vicepresidente da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi concelleiro de Lugo polo Partido Conservador. Finou en Lugo o 2 de outubro de 1938 aos 79 anos.[1]

Vida persoal

Casou en primeiras núpcias con Dolores Pedrosa Pérez de Porras e foi pai de Gonzalo, Agustín, Ramón, José, Paz, Mercedes, Amalia, Ramona e Antonio Osorio Pedrosa. Volveu casar con Pilar López Cantabrana, que finou en 1923,[2] e foi pai de María, Luis e Purificación Osorio López.

Notas

  1. El Progreso, 4-10-1938, p. 3.
  2. La Voz de la Verdad, 25-12-1923, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Peinado, Narciso (1951). "Los descendientes del héroe de Pavia, D. Alonso Pita da Veiga". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV (36): 274–275.