Ramón Enríquez Cadórniga

Modelo:BiografíaRamón Enríquez Cadórniga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz Editar o valor en Wikidata

Ramón Enríquez Cadórniga, nado en Xinzo de Limia, foi un xuíz galego.

Traxectoria

Fillo de Rudesindo Enríquez Rodríguez, rexistrador da propiedade, e Concepción Cadórniga Enríquez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Luarca e Santiago de Compostela. Foi maxistrado da Audiencia provincial de Lugo (1931), Cidade Real, Cádiz (1932-1935), sendo o presidente do tribunal que xulgou os sucesos de Casas Viejas, Pamplona, e presidente da Audiencia provincial de Madrid en 1936. Foi o maxistrado que condenou a José Antonio Primo de Rivera por tenencia ilícita de armas.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Xinzo de Limia. Con motivo da condena a José Antonio e da do capitán Rojas polos sucesos de Casas Viejas, foi detido e estivo a piques de perder a vida. Foi enviado a Burgos, onde ás poucas semanas foi encarcerado por orde gobernativa. Permaneceu na Prisión Central de Burgos ata marzo de 1939. Mentres tanto, foi depurado, o 17 de febreiro de 1937 abriron o expediente, que se resolveu o 4 de xuño coa súa destitución da carreira xudicial.[1]. Permaneceu en situación de liberdade vixiada ata 1942.

Reintegrouse ao servizo activo a finais de 1947,[2] e foi trasladado á Audiencia de Palma de Mallorca como maxistrado por cinco anos. Despois foi maxistrado da Audiencia provincial da Coruña, posto no que se xubilou en 1955.[3]

Vida persoal

Casou con Elvira Gayoso García-Ondina, que faleceu en Santiago de Compostela en 1931.[4]

Notas

  1. BOE, 9-6-1937, p. 1811.
  2. BOE, 22-1-1948, p. 303.
  3. BOE, 27-11-1955, p. 7159.
  4. Vida Gallega, 20-11-1931, p. 43.

Véxase tamén

Ligazóns externas